ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O Carballiño venera a San Cibrao

A procesión na horna ao santo remataba coa eucaristía no Templo da Veracruz

Malia o tempo chuvioso, os devotos de San Cibrao, respondían á chamada da cita relixiosa que centraba a xornada festiva do mércores 17 de setembro.

Pasadas as once e media da mañá, a comitiva encabezada pola imaxe de San Cibrao, iniciaba a multitudinaria procesión pola rúas Principal e Aldara do Carballiño ata rematar no Templo da Veracruz onde tiña lugar a eucaristía na honra ao santo.

As festas na vila do Arenteiro comezaban xa o 13 de setembro e estendendaranse ata o día 19. Entre os actos máis destacadas de aquí ao venres, están as actuacións das orquestras Panorama e Aché hoxe 18 de setembro, e a romaría da Saleta o venres, con misa e procesión, xantar popular na Carballeira da Saleta e atraccións para os nenos a metade de prezo.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button