OurenseÚltima hora

O cartel ‘Maia bona dea’ gaña o concurso para ilustrar a Festa dos Maios de Ourense

O deseño é obra da artista ourensá Mayka Gómez

 

O cartel gañador.

A obra Maia bona dea -na mitoloxía romana, a deusa da fertilidade- da deseñadora ourensá Mayka Gómez Ruiz foi a gañadora do concurso de carteis para ilustrar a Festa dos Maios de Ourense, dotado con 800€ de premio en metálico. O xurado, composto por dous deseñadores gráficos, dous técnicos da área de Cultura e un da de Comunicación elixiu por unanimidade a proposta gañadora de entre os 20 traballos presentados a concurso, destacando o soporte elixido para a presentación “un debuxo a man sen emprego de medios dixitais, pero tamén a reivindicación da coroa como elemento artístico e representativo dos Maios en Ourense, a figura feminina e que rompese coa liña dos traballos presentados nos últimos anos”.

 

Artigos relacionados

Back to top button