ConcellosÚltima hora

O casco histórico de Viana do Bolo estreará sinalización intelixente

Antes da súa instalación, os veciños podían ver as novas placas nun acto de presentación organizado polo Concello na tarde do 27 de setembro

 

Unha das placas que se instarán no casco vello de Viana, concretamente na Casa Consistorial./ Imaxe cedida polo Concello de Viana do Bolo.

A parte máis antiga da vila de Viana do Bolo contará en breve cunha nova sinalización turística que permitirá que tanto veciños como visitantes poidan coñecer a historia dalgunhas das edificacións e zonas do seu casco vello. Esta nova sinalización intelixente, que se colocará en cuestión de días, presentabáselle aos veciños na tarde do 27 de setembro nun acto organizado polo Concello de Viana do Bolo.

Consistirá nunha serie de placas que se instalarán “na igrexa, nas capelas, no cemiterio, na propia Casa Consistorial, na praza Maior, en todos os edificios… Tamén se porá unha mesa explicativa do contorno medioambiental que hai arredor do núcleo histórico de Viana, sobre o seu río e a vexetación que existe, é moi completo para que calquera persoa que visite Viana teña un percorrido dunha tarde para poder ver os nosos atractivos turísticos, patrimoniais e paisaxísticos sen saír da vila de Viana”, indica o seu alcalde, Secundino Fernández.

Artigos relacionados

Back to top button