ConcellosÚltima hora

O casco vello do Barco pide axuda á veciñanza da vila e doutros lugares para elaborar as alfombras florais

Este ano a celebración terá lugar o 23 de xuño, se ben estes tapices comezan xa a prepararse días antes
Detalle dunha das alfombras florais do casco antigo do Barco./ Foto: A.R.

A través do Concello do Barco, os veciños do casco vello da vila veñen de solicitar colaboración do resto de habitantes deste municipio (ou doutros lugares) para poder levar a cabo a confección das tradicionais alfombras do Corpus Christi.

Este ano a celebración terá lugar o domingo día 23 de xuño e as alfombras comezan a realizarse xa durante a tarde-noite anterior, con traballo tamén nos días previos para a recollida e preparación dos materiais (flores, sal, etc.) que se utilizarán na súa confección.

“Ao parecer, neste ano hai moitas baixas por enfermidades e outras circunstancias, e fai falla a colaboración da veciñanza para continuar con esta tradición”, indican dende o Concello do Barco que tamén facilita os teléfonos de contacto dos encargados de cada zona, “cos que os interesados pódense poner en contacto, para ofrecerse e determinar lugares e horas. Estos son: Zona San Roque: Chochi (671444268),  Zona R/Real: Domingo (988326378) e Zona San Mauro: Queque (656855799)”.

Artigos relacionados

Back to top button