ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O Casino do Barco estrea ascensor

No acto de inauguración, rendíase homenaxe á directiva que promoveu a construción do emblemático edificio

O 26 de maio, a Asociación Casino do Barco de Valdeorras celebraba, cun solemne acto, a instalación e posta en marcha do ascensor e obras de accesibilidade ao edificio do Casino sito no paseo do Malecón.

No acto, presentado por Aurelio Blanco Trincado “socio e fiel ao Casino durante máis de medio século”, segundo as súas propias palabras” tamén se rendía unha máis que merecida homenaxe aos directivos que “con moita adicación e xenerosidade, fixeron posible a construción do edificio a costa incluso dos seus propios bens, avalando determinados créditos, evitando así a desaparición da centenaria asociación”: Antonio Melo, José Manuel Prada, Joaquín Crespo, Aurelio Fernández, Ángel Pérez Mayo, José Rodríguez Cruz, Enrique Quirós, Artesino Puente, Eladio Santos, Carlos Luis Terán e Ricardo Diéguez (asesor xurídico), entre outros.

Na galería de imaxes podemos ver diferentes momentos do acto ao que ademais dalgúns dos homenaxeados como Antonio Melo, asistíu o actual presidente do Casino, Julio Crespo Quevedo, quen recoñece que “é case un milagre que se manteñan estas instalacións cando teñen pechado moitas outras. Houbo que tomar medidas pero estanse mantendo e funciona”, di.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button