CulturaCulturaÚltima horaVídeos

O Casino do Barco acolle a xornada literaria en homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán

No acto presentáronse varios libros, entre eles 'Historias no Fumeiro' de Avelino Jácome, e tamén o nº 6 da revista 'Nós, a Xente do Redor'

 

Continúan os actos e homenaxes en torno ao poeta de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras), Florencio Delgado Gurriarán, desta volta no Casino do Barco. Alí tiña lugar, na mañá deste domingo 24 de abril, unha xornada literaria organizada por ‘Nós, a Xente do Redor’, o Instituto de Estudos Valdeorreses e o propio Casino, que incluíu lectura de poemas do homenaxeado e a presentación de varias publicacións, e á que asistía unha trintena de intelectuais ourensáns.

 

Asistentes ao acto no Casino do Barco,

 

O acto comezaba coa presentación do Nº 6 da revista cultural Nós, a Xente do Redor por parte de Marina Sánchez, contando coa asistencia da pintora de Millarouso Lola Doporto, autora da portada da publicación, quen destacou o orgullo que é para ela participar neste proxecto realizado por un grupo de intelectuais de Ourense e coordinado por Avelino Jácome. A presentación contou asemade coa intervención dos representantes dos outros colectivos culturais organizadores: o presidente do  IEV, Aurelio Blanco Trincado; e o presidente do Casino, Pablo Dobao, ademais da concelleira de Cultura do Barco, Margarida  Pizcueta.

 

Portadas dos diferents números da revista ‘Nós, a Xente do Redor’.

 

Áparte da revista, no acto tamén se presentaron dous libros: Historias no fumeiro, de Avelino Jácome; e A Bela Otero, de Miguel Ángel Coello (autor das láminas que estregan coa adquisición da revista Nós, a xente de ao redor, que poderá adquirirse dende o Nº 1 a partir de mañá na Librería Yoli do Barco).

Sobre Historias no Fumeiro, ilustrado por Miguel Ángel Mártinez, o seu autor asegura que “é un libro que está cheo de microcosmos, de lugares concretos situados entre a lenda e o mito, de sensacións, vivencias e emocións, segundo o antropólogo Rafael Quintía, autor do limiar”, dixo Avelino Jácome, quen nesta “antropoloxía do sentimento”, debulla retallos do era a vida das xentes do campo, lembranzas dun neno de aldea. “Historias dun fumeiro que cheira á terra morna do verán, a herba mollada pola saraiba, a fume da lareira… a cultura ancestral”.

 

Lola Doporto, autora da portada no Nº 6 da revista.

 

Avelino Jácome, autor do libto ‘Historias no Fumeiro’ e coordinador da revista.

 

Como homenaxe a Florencio Delgado que era, unha parte da xornada estivo destinada ao protagonista deste ano do Día das Letras Galegas recitándose varios dos seus poemas, rematando o programa cun xantar de confraternización no restaurante San Mauro.

 

Avelino Jácome co seu libro.

 

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella excepto a última da galería que é cedida.

Artigos relacionados

Back to top button