EconomíaEconomíaÚltima hora

O Casino do Barco celebrará o seu magosto o 13 de novembro

 

Cando en febreiro de 2020 unha nova directiva, xove e con ilusión, collía as rendas da Asociación Casino O Barco, facíao coa idea de organizar actividades polo menos unha vez ao mes. Un mes despois declarábase o estado de alarma coa consecuente paralización do programa previsto, pero unha vez superado o peor da pandemia, están recuperando a iniciativa.

Levan xa uns meses colaborando estreitamente co IEV (con conferencias e exposicións), e trala éxito da cea de Halloween que reunía a preto de 100 persoas o 1 de novembro, están xa preparando unha nova cita, o Magosto. Será o sábado 13 de novembro con merenda (bolos preñados, caldo galego, castañas asadas, torta de roxois, licores, viño e refrescos) e a actuación de Los Brothers. A entrada custará 10 euros e sempre manterán as medidas sanitarias vixentes en cada momento.

Venda de entrada ata o xoves 11 de novembro no Casino do Barco, cafegtería la Pampa e librería Murciego.

Artigos relacionados

Back to top button