CulturaÚltima hora

O caso do home lobo, á luz dos expertos

Allariz acolle as IV Xornadas Romasanta, promovidas dende a Fundación Vicente Risco
Cartaz desta edición das xornadas.
Cartaz desta edición das xornadas.

Novas análises, enfoques e datos sobre o caso de licantropía máis famoso dos documentados na historia de Galicia. As IV Xornadas sobre Manuel Blanco Romasanta, que promove a Fundación Vicente Risco, reunirán os días 31 de outubro e 1 de novembro a media ducia de expertos que botarán nova luz sobre o chamado “home lobo” de Allariz.

O encontro encetarase, segundo o programa provisional facilitado dende a organización, o 31 de outubro ás 21:30h. coa ponencia “En que xénero incluiríamos o caso Romasanta: O caso do lobishome na literatura e no cine” de Ramón Caride Ogande e Jorge Emilio Bóveda e, de seguido, farase público o fallo do III Premio de Microrrelatos da Libraría Aira das Letras co lema “Manuel Blanco Romasanta. O home lobo alaricano”.

Ademais o 1 de novembro pola mañá (11h.-13:30h.) abordaranse os “Aspectos xurídicos do caso Romasanta”, baixo a coordinación de Antonio Roma Valdés (Fiscal, Profesor asociado de Dereito Procesual e Dr. en Historia. Membro da Fundación Vicente
Risco), ademais Félix Castor Castro (avogado e especialista en Cultura Popular) fará unha “Aproximación victimolóxica
ao caso MBR” neste caso, María Dolores Fernández (profesora de Dereito Procesual da Universidade de Vigo) centrará a súa intervención en “A confesión como proba no caso Romasanta” e Consuelo Rey (avogada do Estado e membro da Real Academia Galega de Lexislación e Xurisprodencia) presentará a ponencia “A condea a Romasanta: unha análise cos principios xurídicos do século XXI”.

Xa pola tarde, coa coordinación de Antonio Blanco (prof. de Xeografía e Historia, secretario da Fundación Vicente Risco), trataranse os “Casos Romasanta en Europa” coa participación de Robero Bustillo e Francesca Bruschi. De seguido, proxectarase o filme “En compañía de lobos”

Texto: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button