OurenseÚltima hora

O Castro da Santa Lucía (Castrelo de Miño) acollerá visitas guiadas de balde

Terán lugar os días 11, 18, e 25 de xullo e o 1 de agosto con saída dende a Praza da Igrexa de Astariz

O Concello de Castrelo de Miño organiza visitas guiadas de balde ao Castro da Santa Lucía para grupos reducidos. Serán os días 11, 18 e 25 de xullo, e o 1 de agosto con saída dende a Praza da Igrexa de Astariz ás 10:00 horas.

 

Castro da Santa Lucía./ Foto: A.R.

 

A inscrición será obrigatoria, xa que hai prazas limitadas. Poderá facerse no 988 49 30 00, de 9:00 a 14:00 horas ata o venres anterior a cada visita.

 

Cartel da actividade.

Artigos relacionados

Back to top button