DeportesÚltima hora

O CC Maceda e o COB entre os premiados do Deporte Galego 2015

Os galardóns serán entregados nunha gala que se celebrará o 12 de maio en Ourense
Membros da Escola de Ciclismo J.A Hermida (CC Maceda). /Foto: CC Maceda.
Membros da Escola de Ciclismo J.A Hermida (CC Maceda). /Foto: CC Maceda.

O Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, vén de facer público nunha rolda de prensa celebrada no salón de Plenos do Concello de Ourense, o fallo dos Premios do Deporte Galego na súa edición 2015. Alí, Lete Lasa adiantou que a gala de entrega de premios será o vindeiro 12 de maio ás 19 horas no Teatro Principal de Ourense, a cidade que será tamén inicio da Volta a España 2016, converténdose na capital galega do deporte.

Os galardóns recoñecen publicamente aos máis destacados axentes do ámbito deportivo galego, decidindo o Xurado sobre as 17 categorías ás que, este ano por vez primeira, se suma unha mención especial. Entre os premiados nesta edición, destacan con sabor ourensán o Club Ourense Baloncesto SAD como “mellor equipo masculino” e o Club Ciclista Maceda como “mellor entidade na promoción do deporte de base”, así como unha mención especial para o ximnasta Daniel Pérez Morales, 4º no Campionato do Mundo de minitramp e o primeiro deportista en realizar un cuádruplo mortal na historia da disciplina.

Membros do COB que compite na leb ouro. /Foto: COB
Membros do COB que compite na leb ouro. /Foto: COB

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button