EconomíaEconomíaÚltima hora

O CCA O Barco celebra San Valentín cunha campaña de dinamización comercial

Foto: CCA O Barco.

 

O vindeiro luns 14 de febreiro (San Valentín) celebrarase o día dos namorados. Unha conmemoración á que se  suma o Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco cunha campaña de dinamización comercial que constará de dúas accións.

A principal será a instalación dun photocall de San Valentín na praza do Concello do Barco ao que poderán acercarse os valdeorreses para sacarse unha foto sós ou acompañados (coa nai, co pai, cun irmán, cun amigo, coa parella, coa mascota,…) no fotomatón “que levarán impresa para casa”, puntualizan dende o CCA.

De forma paralela, os clientes do comercio barquense poderán depositar os seus tíckets de compra (das compras realizadas entre o 7 e o 14 de febreiro) nunha urna instalada na praza para entrar no sorteo de dous vales de compra de 150 euros cada un para investir no comercio de proximidade.

A campaña celebrararase o vernes 11 de febreiro de 17 a 20 horas; o sábado 12 de febreiro de 11 a 14 horas; e o luns 14 de febreiro de 11 a 14 horas.

 

Artigos relacionados

Back to top button