EconomíaEconomíaÚltima hora

O CCA O Barco convoca un casting para elixir aos modelos da súa pasarela de moda

Será o vindeiro xoves 5 de setembro no Paseo do Malecón

Unha das participantes no casting do ano pasado. /Foto: Ángeles Rodríguez.

 

A moda volverá saír á rúa da man do Centro Comercial Aberto O Barco. Tralo éxito de participación e público da anterior edición, o CCA volverá organizar o desfile de moda ao aire libre, con modelos afeccionados.

Así, a pasarela “O Barco de Moda 2019”, que terá lugar o  20 de setembro na praza do Concello, realizará o proceso de selección de modelos o vindeiro xoves, 5 de setembro, no Paseo do Malecón do Barco, “á altura da praza José Otero”, matizan dende a asociación.

O casting está “aberto a todas aquelas persoas que, interesadas no mundo da moda, queiran desfrutar da experiencia de sentirse modelos por un día”, apuntan dende o CCA, e o horario será de 18 a 19:30h. para nenos de ata 14 anos e de 20 a 21:30h. para adultos. “Os menores de 18 anos que queiran presentarse ao proceso de selección deberán ir acompañados dun titor”, puntualizan.

O xurado estará composto por Diana Ortíz, encargada da organización e coordinación da pasarela, así como por membros da Asociación Centro Comercial Aberto.

 

Artigos relacionados

Back to top button