DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O CCA O Barco patrocina parte da equipación do CD Barco

A presentación das prendas que o equipo levará na tempada 2015/2016 tiña lugar no Campiño de Viloira

Chandal, polo, bermudas, sudadera, equipación para adestrar e ata bolsas de deporte. Son varias as prendas que o equipo sénior do Centro de Deportes Barco estreará esta tempada 2015/2016 por xentileza do Centro Comercial Aberto O Barco que, como vén sendo habitual, colabora tamén con actividades deportivas que se desenvolven na vila.

Esta campaña que o CD Barco vén de estrear na terceira división, a asociación barquense de comerciantes seguirá respaldando ao club de fútbol, “a novidade”, di o presidente do CCA Ángel Álvarez “é que ademais do valado publicitario situado no campo de Calabagueiros e a inserción do logotipo nos carnets de socios, a asociación patrocina a equipación de adestramento así como varias prendas de rúa e mochilas que levará o plantel ao longo de toda a tempada”.

A presentación dalgunhas das prendas facíase na tarde do 16 de setembro no Campiño de Viloira, intres antes de que o equipo comezara o adestramento baixo as ordes do míster, Javi Rey. No acto estiveron os xogadores, o presidente do club, Daniel Ramos e parte da directiva do Centro Comercial Aberto, entre eles o presidente e a secretaria, Cristina Arias.

Artigos relacionados

Back to top button