En portadaÚltima hora

O CCA O Barco presenta a V carreira por parellas da campaña de namorados

Baixo o título “Obarconamora” a proba celebrarase o domingo 21 de febreiro a partires das 12h.
Presentación da carreira por parellas "Obarconamora".
Presentación da carreira por parellas “Obarconamora”.

Por quinto ano consecutivo, o CCA O Barco organiza, en colaboración coa Delegación de Atletismo de Valdeorras e o Concello do Barco, a carreira por parellas “Obarconamora” que se celebrará o domingo día 21 de febreiro a partires das 12 da mañá, con meta e saída na praza José Otero do Barco.

Enmarcada dentro da campaña de namorados do Centro Comercial Aberto O Barco, o circuíto da categoría absoluta consta dunha volta de 5.000 metros e os participantes correrán por parellas e atados polos pulsos. Tamén haberá carreira infantil, alevín, benxamín e pitufos. Ao finalizar a proba farase un sorteo entre os participantes de dúas ceas (para dúas parellas) e agasallos para todos os atletas.

Ademais desta carreira, a campaña inclúe o sorteo doutras 8 ceas entre os clientes que cubran as tarxetas que se repartirán ata o 14 de febreiro, coas compras nos establecementos integrados na asociación.

A presidenta da AECC de Valdeorras coa recadación entregada pola presidenta do CCA O Barco.
A presidenta da AECC de Valdeorras coa recadación entregada pola presidenta do CCA O Barco.

Antes da presentación da carreira que tiña lugar na mañá do 4 de febreiro por parte da presidenta do CCA Sandra Moldes e dos representantes da Delegacióon de Atletismo, a propia Sandra facía entrega á presidenta da AECC en Valdeorras, da recadación de 355,00 euros (venda de bolsas e gafas) obtida nos establecementos que colaboraron na campaña “Estoy llena de apoyo”, cuxos beneficios se destinan aos proxectos e campañas de dita asociación.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button