EconomíaEconomíaÚltima hora

O CCA O Barco recupera a súa Pasarela de Moda que se celebrará na primavera

Previamente, o vindeiro sábado 12 de marzo, celebrará un casting para elixir aos modelos que desfilarán

Casting infantil para a Pasarela de Moda do CCA O Barco de 2019./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Dous anos despois da última edición (no 2020 e no 2021 non pudo celebrarse debido á crise sanitaria), a asociación Centro Comercial Aberto O Barco recupera a súa Pasarela de Moda, con cambio na data de celebración.

Neste 2022, o desfile terá lugar na primavera, en concreto o sábado 9 de abril, cando se mostrarán as novidades do sector téxtil e complementos dos establecementos asociados ao CCA O Barco participantes nesta actividade.

Previamente e seguindo a liña da última edición, realizarase un casting para seleccionar aos/ as modelos que desfilarán. O casting está aberto a todas aquelas persoas que queiran, de forma voluntaria, participar no desfile e gozar da experiencia e terá lugar o sábado 12 de marzo no pavillón vello do Barco (próximo á praza do Concello. O infantil, para nenos/ as, ata 14 anos, será a partir das 12 horas; e o de adultos, a partir de 15 anos, será a partir das 13 horas.

Como novidade nesta edición, á pasarela subiranse mascotas (preferiblemente cans) que desfilarán cos seus donos. Os interesados deberán asistir ao casting no horario correspondente. Para inscribirse será necesario contactar coa asociación no teléfono 988 32 11 50, ou enviar un correo a obarcocca@obarcoccaberto.com indicando nome completo e teléfono, no caso dos adultos; e nome completo, idade, persoa de contacto e teléfono, no caso dos menores. Será necesario indicar se a persoa está interesada en desfilar coa súa mascota.

Artigos relacionados

Back to top button