EconomíaEconomíaÚltima hora

O CCA O Barco sortea 8 ceas para 8 parellas

A campaña de namorados inclúe asemade a carreira por parellas “Obarconamora” que se celebrará o 21 de febreiro
Membros da directiva do Centro Comercial Aberto O Barco.
Membros da directiva do Centro Comercial Aberto O Barco.

O Centro Comercial Aberto O Barco vén de realizar o sorteo da campaña de namorados 2016, consistente en oito ceas para outras tantas parellas, nos establecementos hostaleiros integrados na asociación.

O sorteo tiña lugar na mañá do 17 de febreiro nas oficinas do CCA con papeletas repartidas coas compras realizadas entre o 30 de xaneiro e o 14 de febreiro.

Os premiados son os seguintes: Luis Martínez (papeleta entregada no Bar San Roque) e Mª Carmen Vázquez (papeleta entragada na Mercería Carmiña), gañaron a cea no Piquiño Restaurante; Marta Ferrando (papeleta entregada en Chuches Alejandra) e Josefa Navarro (papeleta entregada en Librería Murciego) cearán coas súas parellas en Tapería Al Natural; Cristina Lobo (papeleta entregada no Bar A Cova) e Javier Delgado (papeleta entregada en Muebles Victoria), gañaron a cea en Restaurante Fernando III; José (papeleta entregada no Bar Vinum) a cea en Casa Galaica; e Sonia Vidal Quirós (papeleta entregada en Pili Confecciones) a de Tapería O Cubeto.

Un momento do sorteo celebrado o 17 de febreiro.
Un momento do sorteo celebrado o 17 de febreiro.

Os agraciados neste sorteo, así como os que resulten gañadores das dúas ceas que se sortearán o domingo día 21 na V carreira por parellas “Obarconamora”, cearán o sábado día 28 de febreiro nos respectivos establecementos.

Artigos relacionados

Back to top button
Close