OurenseÚltima hora

O CCA Ourense Centro e o CIFP Portovello colaboran para promocionar a campaña do Día do Pai

Alejandra Pérez, alumna do 2º curso do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, figurará como a autora en toda a cartelería
Algunhas das propostas.

Despois de ter realizados varios proxectos de escaparatismo para comercios da cidade de Ourense, o CIFP Portovello e o CCA repiten colaboración. Nesta ocasión, alumnos dos ciclos de comercio e marketing participaron nun concurso de carteis entre os cales se elixiu o mellor para promocionar o Día do Pai.

Ao certame presentáronse corenta propostas e o cartel elexido foi o elaborado por Alejandra Pérez González, alumna do 2º curso do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais. O premio será figurar como a autora en toda a cartelería da campaña do Día do Pai do CCA.

Para máis información: www.ourensecentro.com

Artigos relacionados

Back to top button