CD ArenteiroDeportesFútbolÚltima hora

O CD Arenteiro abre a tempada en Espiñedo cun empate ante a UD Atios

A ceros remataba o encontro disputado na tarde deste domingo 8 de novembro

 

A situación sanitaria vai pouco a pouco mellorando no Carballiño, por iso, despois de semanas pechado o campo de Espiñedo reabría por fin as portas para que o CD Arenteiro poidera estrear a tempada diante da afección (o anterior partido como local tivo que xogalo no campo de Barbantes, Cenlle).

Como xa vén sendo habitual nesta nova normalidade marcada polas medidas anticovid, cos protocolos marcados pola RFEF, o acceso ao campo comezaba con moita antelación ao partido, con control de temperatura, desifección de mans, rexistro de entrada cos datos de contacto de cada afeccionado e un aforo reducido. E xa á catro e media deste domingo 8 de novembro, saltaban ao terreo de xogo ámbolos dous equipos. Dun lado do campo, o CD Arenteiro de Fran Justo disposto a manter o liderato no grupo B da terceira división; do outro, unha UD Atios que se mantén na metade da clasificación.

 

Unha das oportunidades para o Arenteiro.

 

Intentárono unha e outra vez, pero ningún dos dous lograba marcar e tralos 90 minutos de rigor, o colexiado pitaba o final do encontro co 0-0 no marcador e o reparto de puntos que no caso do Arenteiro, fai que perda o liderato, con 8 puntos fronte aos 9 do Arousa que nesta xornada sube ao alto da clasificación.

Na vindeira xornada, a 5ª en terceira división, os do Carballiño viaxarán ata a Estrada para enfrontarse ao CD Estradense que se sitúa no terceiro posto da táboa tralo empate de hoxe no campo do Ribadumia.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button