CD ArenteiroDeportesFútbolGalerías de fotosOurense CFÚltima hora

O CD Arenteiro lidera a clasificación en 3ª división tras vencer ao Ourense CF no primeiro derbi da tempada

Os goles de Marcos e Javier deron o triunfo aos do Carballiño, no partido disputado esta tarde no campo de Barbantes

 

Todo no derbi provincial CD Arenteiro-Ourense CF disputado na tarde deste domingo 25 de outubro, foi especial. A complicada situación sanitaria que se está vivindo especialmente nas comarcas de Ourense e O Carballiño, obrigaba a endurecer as xa de por si estritas medidas sanitarias anticovid e a impedir o acceso ao público nun campo completamente alleo a ámbolos dous equipos.

O confinamento no que se atopa o concello do Carballiño, coas instalacións deportivas pechadas, facía imposible xogar o derbi no campo de Espiñedo, como estaba previsto inicialmente, por iso a directiva do Arenteiro buscaba unha alternativa que atopaba no campo da Regueiriña, en Barbantes (Cenlle). Ata alí se desprazaban xogadores, equipo técnico e directiva de ámbolos dous conxuntos e pasadas as catro e media da tarde comezaba un partido marcado pola rivalidade característica dun bo derbi.

 

 

Sobre o terreo de xogo, os 22 xogadores saíron a ganar, con momentos de certa tensión deportiva, que finalmente se resolvía a favor do Arenteiro. O primeiro gol era obra de Marcos, rozando o descanso e xa na seunda metade Javier sentenciaba o encontro co segundo gol para os verdes no minuto 59′.

Con esta vitoria o conxunto que este ano dirixe Fran Justo (quen precisamente ata este verán adestraba aos ourensáns da Ponte) suma seis puntos e sitúase como líder da clasificación no grupo B da terceira división, á espera da terceira xornada na que viaxarán ata Redondela (Pontevedra) para enfrontarse ao CD Choco.

O Arenteiro aproveitaba esta ocasión para estrear as novas camisetas deseñadas por Manuel Cid.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button
Close