CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco afianza posicións trala vitoria ante o CD Choco en Calabagueiros

Co 2-0 remataba o partido disputado na tarde do sábado 26 de febreiro

 

Non está sendo unha tempada doada, con resultados moi variados duns partidos a outros, pero o CD Barco mantense na cabeza da clasificación, afianzándose no quinto posto (a tres puntos do cuarto e do terceiro clasificado) trala vitoria conseguida esta fin de semana ante o CD Choco.

O disputado na tarde do sábado 26 de febreiro (en pleno Entroido) en Calabagueiros, era un dos partidos adiantados da xornada 25 en Terceira División RFEF e comezaba de cara para os locais co primeiro gol da tarde, obra de Javi Pazos, no minuto 15. O segundo gol, de Duque, producíase no minuto 34, chegando ao descanso co 2-0. Un resultado que se mantiña tras unha segunda parte sen goles.

Así, os rapaces de Javi Rey sumaban a vitoria número 11 no que vai de liga (levan tamén 6 empates e 5 vitorias), cun total de 39 puntos.

 

Once titual do CD Barco para o partido ante o CD Choco.

 

Fotos: Julio Quintas.

Artigos relacionados

Back to top button