CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco anuncia o primeiro reparto de mascarillas da campaña de apoio á hostalaría

Dende este club agradécese a "magnífica aceptación desta acción solidaria por parte dos nosos veciños" e lémbrase que continuará activa ata finais de xullo

Mascarilla do C.D. Barco.

 

O C.D. Barco estreaba a primeiros de maio unha iniciativa solidaria de apoio á hostalaría local. Poñía á venda (xunto con todos os seus patrocinadores e o Grupo Mahou) unhas mascarillas co escudo do club “solidarias e reutilizables cuxa recadación irá destinada integramente a axudar” ao citado sector barquense.

Agora o CD Barco vén de anunciar, a través dun comunicado, que en breve comezará o reparto da “primeira parte das axudas da venda solidaria de mascarillas cdbarco entre o sector hostalaría por valor de máis de 5.000 euros”, segundo o seu presidente, Daniel Ramos.

Ademais dende a directiva do CD Barco lémbras que a campaña continuará activa ata finais de xullo nos canales de venda habituais”. As mascarillas custan 10 euros e as tallas van dende as que serven para nenos de dous anos ata a talla XL para os adultos.

Dende o CD Barco agradecen “a magnífica aceptación desta acción solidaria por parte dos nosos veciños”.

Artigos relacionados

Back to top button