DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O CD Barco celebra as Festas do Cristo cunha contundente vitoria ante a UD Somozas

Co 3-0 no marcador remataba o partido disputado en Calabagueiros na tarde do 15 de setembro

 

Na tarde do 15 de setembro repetíase en Calabagueiros unha situación moi parecida á vivida hai un ano. En plenas Festas do Cristo no Barco de Valdeorras, o C.D. Barco enfrontábase en casa á U.D. Somozas no partido da 4ª xornada de liga en terceira división. Un partido que vencían os locais por 4 goles a 2.

E hoxe, doce meses despois, os dous equipos volvían enfrontarse, de novo no domingo das festas grandes do Barco, e de novo volvía vencer o equipo local, aínda que nesta ocasión por un contundente 3-0.

Mentres no paseo do Malecón os afeccionados ao atletismo seguían o desenvolvemento da XXXIII Milla Urbana, en Calabagueiros os afeccionados ao fútbol ían ocupando os seus lugares nas bancadas, para desfrutar dun partido que comezaba con intensidade por parte de ambas escuadras aínda que ningunha conseguía marcar, chegando ao descanso co marcador a ceros. Sería no minuto 61, xa na segunda metade, cando Íñigo Pisón marcaba o primeiro gol para O Barco poñendo as bancadas en pé. Apenas sete minutos despois chegaba o segundo, da man de Juanito Bazo, e Pisón volvía marcar no 68′, sentenciando o encontro.

O Barco suma así os tres primeiros puntos da tempada, situándose no posto 14 da clasificación. O partido da  seguinte xornada, a quinta, será de novo en casa contra o Bergantiños.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button