DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O CD Barco comeza a segunda volta cunha vitoria en Calabagueiros

1-0 remataba o encontro ante o Cerceda na xornada 20º de terceira división

Papá Noel e os Reis Magos deixaron os seus agasallos no campo de fútbol de Calabagueiros. O primeiro en forma de iluminación, coas novas e potentes torres que o Concello do Barco instalaba hai só unha semana; e os segundos en forma da vitoria que tiña lugar na tarde do 8 de xaneiro.

O primeiro partido da segunda volta en terceira división comezaba en Calabagueiros co CD Barco dun lado do campo e o Cerceda do outro, ambos dispostos a levarse o partido, especialmente os valdeorreses necesitados dunha vitoria que alegrara ao equipo e á afección que un partido máis respondeu á cita dende as bancadas. Aínda así, e malia os esforzos de ambos planteis, o gol non chegaría ata o minuto 35, sendo o xogador do Cerceda, Javier Otero, quen marcaba en propia meta. A partires de aí o marcador xa non se movería e o equipo de Javi Rey marchaba para casa con tres puntos máis e a primeira vitoria en oito xornadas.

O vindeiro domingo, 15 de xaneiro, os vermellos desprazaranse ata terras coruñesas para enfrontarse a un rival directo, o Negreira.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button