En portadaÚltima hora

O CD Barco empata en casa co Deportivo B no ‘día do club’

Co 1-1 remataba o encontro disputado na tarde deste sábado 12 de marzo en Calabagueiros

 

Nesta categoría e neste complexo ano todos os partidos son importantes, pero o disputado na tarde deste sábado 12 de marzo no campo de Calabagueiros ante o Deportivo B (Fabril B) estaba sinalado no calendario do CD Barco como ‘día do club’ e aínda que tiveron a vitoria nas súas mans, os de Javi Rey (ausente do campo por sanción) non puderon pasar do empate.

O encontro comezaba cunha importante ocasión para o Fabril xa no minuto 15 que non pasaba dun susto grazas á intervención do porteiro, e sete minutos despois o Barco estreaba o marcador co gol de David Álvarez.

 

Gol de David Álvarez para o Barco.

 

Mantíñase o resultado ata o descanso e tralo paso polo vestiario os coruñeses volvían atacar con forza marcando o seu gol no minuto 60, logrando un empate que podería ter acabado en vitoria visitante sen a hábil actuación de Aitor Ramos que volvía parar outro trallazo do Fabril.

Os valdeorreses lograron aguantar o tipo e nunha chuviosa tarde de marzo sumaron un punto máis no seu historial, chegando aos 41. Polo Barco, viron cartón amarelo David Ávarez, Óscar Martín e Pazos.

 

Paradón de Aitor Ramos.

 

O desta tarde foi un dos partidos adiantados da xornada 27 en Terceira RFEF. A seguinte cita para o Barco será en Carballo (A Coruña) ante a SD Sofán.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button