CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco ficha ao mediocentro Ayub El Harrak

A incorporación ao club barquense será "inmediata"

A nova fichaxe do CD Barco, Ayub El Harrak. /Foto: SalamancaALDIA.es.

 

Malia a situación sanitaria que obriga a disputar os vindeiros partidos de fútbol sen público, o Centro de Deportes Barco non cesa na súa meta de manter a categoría sen deixar de lado a posibilidade de ascender a segunda B. E para iso necesita reforzar o plantel, algo que xa comezou a facer.

De feito, na noite deste luns 25 de xaneiro anunciaba a primeira fichaxe de inverno. Trátase do mediocentro ofensivo Ayub El Harrak cuxa incorporación ao plantel será “inmediata”, segundo adianta o presidente do CD Barco, Nilo Ramos.

O hispano marroquí El Harrak é un xogador con experiencia en segunda B tralo paso polo CD Guijuelo, o Marbella FC ou o filial do R. Valladolid. Aos seus 26 anos tamén formou parte da Selección de Marrocos e xogou no CE Mataró, no MTK Budapest e no CR. Al Hoceima de Marrocos, entre outros.

 

Artigos relacionados

Back to top button