DeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco organizará o Torneo Alevín da ACGF no 2023, no marco do 50 aniversario do club barquense

A reunión da xunta directiva da Asociación de Clubs Galegos de Fútbol, da que forma parte o presidente do club barquense Nilo Ramos, celebrábase esta fin de semana no Casino do Barco

 

O vindeiro ano o Centro de Deportes Barco celebrará o 50 aniversario. Unha efeméride digna de celebración que incluirá diferentes actividades organizadas dende o club. E unha delas será o Torneo Alevín da Asociación de Clubs Galegos de Fútbol (ACGF) que preside Ángel A. Fernández Lendoiro (Betanzos CF) e da que forma parte o club barquense.

Así se decidía na reunión que a xunta directiva da asociación celebraba na mañá deste sábado 23 de abril no Casino do Barco. “Tocábanos a nós organizar este ano o torneo aquí, pero pero como van desmontar o campo pedín que se cambiara para o vindeiro ano, como unha actividade máis dentro da celebración do 50 aniversario do CD Barco”, explica Nilo Ramos, presidente do club barquense e un dos vicepresidentes da ACGF (a outra é Lupe Murillo do Pontevedra CF SAD).

Ademais deste punto, na reunión celebrada no Barco aprobaron tamén as contas e a recuperación da Gala do Deporte que levaba dous anos parada polo Covid. “Tamén tratamos un tema de publicidade nos campos dos clubs asociados, entre outros temas”, di Nilo, agradecendo á directiva do Casino o trato que lle deron cedéndolle as instalacións para celebrar a reunión.

 

A directiva da ACGF, na reunión celebrada no Casino do Barco.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button