DeportesEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

O CD Barco ponllo difícil ao líder da categoría

A afección abarrotaba o estadio de Calabagueiros para apoiar ao equipo valdeorrés nun encontro co Racing Ferrol que remataba cun resultado de 1 a 2

Coa vista posta na promoción, o CD Barco recibía nesta tarde de 14 de abril en Calabagueiros ao líder da terceira división, o Racing de Ferrol. E non o facía só, senón fortemente apoiado pola súa afección que enchía as bancadas e animaba en cada momento aos xogadores barquenses.

O equipo ferrolán comezaba adiántandose no marcador, pero pouco despois os de Manolo Pérez empataban e deixaban o marcador igualado a 1 ao final da primeira parte. Xa na segunda, malia aos esforzos barquenses, o Racing Ferrol lograba adiantarse e asegurar así a vitoria, mentres que os locais non conseguían sumar puntos e seguen a 3 dos postos e promoción. Por eles loitarán o vindeiro Xoves Santo o Couto, no partido co UD Ourense.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button