DeportesÚltima hora

O CD Barco presenta ás novas fichaxes, en Calabagueiros

Hoxe, 20 de xullo, a partires das 20:30h. o equipo barquense de 3ª división comeza a pretempada
Os xogadores do C.D. Barco saudan á afección tralo partido ante o Gondomar en Calabagueiro na pasada tempada. /Foto: Mónica G. Bellver.
Os xogadores do C.D. Barco saudan á afección tralo partido ante o Gondomar en Calabagueiro na pasada tempada. /Foto: Mónica G. Bellver.

A 2015/2016 vai ser unha importante tempada para o Centro de Deportes Barco. Co seu regreso á terceira división, directiva, xogadores e afección marcaron un fito na historia do club, e malia que logralo non foi doado, demostrar o que valen e manterse será aínda máis difícil.

Por iso os directivos e o míster levan xa unhas semanas preparando o plantel, con renovacións, algunhas baixas e novas incorporacións. Rubén Arce, Ángel Cano, Jorge de Dios, David Mitogo e Rubén García, son as novas fichaxes que o C.D. Barco presentará esta tarde, 20 de xullo (20:30h.) no campo de Calabagueiros, uns intres antes de comezar de forma oficial a pretempada. Un período de preparación no que os rapaces de Javi Rey enfrontaranse con equipos da talla a S.D. Ponferradina, C. Lemos, C.D. Dehesas ou At. Bembibre, ou do Verín C.F. (tamén recén ascendido).

Artigos relacionados

Back to top button