CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco presenta as súas particulares fundas para o móbil

O equipo de Terceira División que adestra Javier Rey empataba onte a ceros no campo do CD Choco

 

Nunha categoría como a Terceira División manéxanse uns presupostos moi elevados por iso toda iniciativa é pouca para recadar cartos. No Centro de Deportes Barco téñeno claro e por iso contan cunha variada selección de artigos á venda que ademais serven de publicidade. Dende as clásicas bufandas e camisetas, ata as mascarillas que sacaban o ano paso por mor da pandemia.

Nesta tempada 2021/2022 dan un paso máis e presentan as fundas do CD Barco para o teléfono móbil “para presumir do teu equipo por todo o mundo”, aseguran dende o club. Os modelos e deseños dispoñibles poden verse na seguinte ligazón: cd-barco.pc3d.cloud.

 

 

A nivel deportivo, na xornada deste sábado 23 de outubro os rapaces de Javier Rey viaxaban ata Redondela para disputar o oitavo partido da tempada, ante o CD Choco. Un partido que se resolvía co empate a ceros e reparto de puntos.

Este é o segundo empate do que vai de liga para os vermellos, sumando ademais unha derrota e cinco vitorias consecutivas, situándose no terceiro posto da clasificación.

As fotos do CD Choco-CD Barco sond e Julio Quintas.

Artigos relacionados

Back to top button