CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco presenta o seu himno con ADN valdeorrés

O autor darase a coñecer o vindeiro 12 de setembro coincidindo co primeiro partido de liga en Calabagueiros

 

Todo club ten a súa identidade e hoxe, despois de case 50 anos, o Centro de Deportes Barco presenta o seu, cun marcado estilo rockeiro.

Tal como explica o presidente do club barquense, Nilo Ramos, o tema ten ADN valdeorrés e o seu creador darase a coñecer o vindeiro 12 de setembro, coincidindo co primeiro partido de liga desta tempada en Calabagueiros, e en plenas Festas do Cristo.

Ata entón, o conxunto vermello continúa coa posta a punto e esta tarde disputará un novo amigable, desta volta contra o Atl. Bembibre. Será ás 20 horas e a entrada será gratis para os socios e de 5 euros para o resto de público.

 

Artigos relacionados

Back to top button