DeportesÚltima hora

O CD Barco presenta o seu oitavo Campus de Verán Tecnificación de Fútbol-Deportivo

Desenvolverase do 24 ao 29 de xuño e, ademais de actividade deportiva, incluirá visitas ao estadio Wanda Metropolitano e a Aquopolis

Xa están abertas as inscricións para poder participar no 8º Campus de Verán Tecnificación de Fútbol-Deportivo “Vila do Barco”, que promove o CD Barco en colaboración co Concello. Desenvolverase do 24 ao 29 de xuño en categorías alevín, infantil e cadete (dos 5 aos 16 anos). Os horarios do campus irán de 9:45h. a 13h. e de 17:30h. e 19:30h.

As inscricións (cuxos prezos varían en función de se os nenos son alumnos da escola ou socios do CD Barco e tamén dependendo de se collen a opción con xantar ou non) pode realizarse poñéndose en contacto co CDBarco ou ben no departamento de Deporte do Concello do Barco.

Os seminarios do campus serán impartidos por monitores, futbolistas, figuras do corpo técnico e tamén haberá visitas de diferentes profesionais do deporte. Ademais o programa inclúe visitas a Madrid para ver o Wanda Metropolitano ou a Aquopolis, tamén se fará unha ruta no municipio da Veiga.

A presentación deste campus tiña lugar na mañá do 16 de maio coa asistencia do presidente do CD Barco, Nilo Ramos, de monitores do campus e do concelleiro de Deportes, Aurentino Alonso, quen puxo en “valor a parte humana de convivencia e respecto desta actividade deportiva”.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button