DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O CD Barco rasca un punto co empate en Calabagueiros

A uns remataba o encontro disputado ante o CD Ribadumia na xornada 24ª de terceira división

Traspasado o ecuador da liga en terceira división, o equipo sénior do Centro de Deportes Barco segue sen amosar todo o seu potencial e trala derrota 4-0 na Coruña, rascaba un punto en Calabagueiros no partido ante o CD Ribadumia, disputado na tarde do 5 de febreiro.

Os pontevedreses adiantábanse no marcador co temperán gol de Agustín no minuto 8. Dende as filas do CD Barco, sen David Álvarez por acumulación de tarxetas nin Diego Tato por lesión, tentaban unha e outra vez aproximarse á portería de Manuel Taboas, con varias oportunidades, pero o esférico non entraba e houbo que esperar ata o minuto 83 para que a afección barquense puidera berrar gol. Rubén García transformaba un penalti, sentenciado o encontro co 1-1 final.

Con este resultado, O Barco sitúase no posto 12 de terceira división, con 31 puntos, un por riba do Ribadumia e catro por debaixo da UD Barbadás, o outro equipo ourensán na categoría. A próxima cita para os de Javi Rey (que tivo que presenciar o partido dende a bancada por sanción), será o 12 de febreiro na Illa de Arousa para enfrontarse ao Celtiga FC (16º clasificado).

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button