En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O CD Barco remata a primeira volta cun empate en Calabagueiros

Co 1-1 no marcador concluía o último partido do ano, ante a UD Atios, disputado na tarde deste domingo 20 de decembro

 

Co partido da xornada 11 disputado na tarde deste domingo 20 de decembro, poñíase o punto final á primeira volta desta curta e atípica tempada na terceira división de fútbol. Un encontro que o CD Barco xogaba en casa, np Estadio Municipal de Calabagueiros ante a UD Atios, que empataba no tempo de desconto.

Tras unha primeira parte con moito toque pero sen goles, os rapaces de Manolo Pérez regresaban do vestiario con enerxías renovadas, pero o gol seguía sen chegar ata que no minuto 58, un centro de Rubén era transformado por Óscar. Co 1-0 no marcador todo facía presaxiar que o Barco lograría sumar os tres puntos de ouro, rematando a primeira volta por todo o alto, pero xa no tempo de desconto, un saque de falta dende 30 metros era rematado polo central visitando, conseguindo o empate e o reparto de puntos. Malia o resultado, os vermellos mantéñense no cuarto posto da clasificación, empatado a 15 puntos co quinto clasificado, o Ribadumia.

 

O CD Barco apoia ao pequeno comercio local.

 

Tralo parón polas festas de Nadal, o CD Barco regresará á competición o 10 de xaneiro de novo na casa, para disputar o partido de volta ante o CD Estradense ao que xa vencera (0-1) no partido de ida a mediados de outubro.

Fotos: Carlos G. Hervella

 

Artigos relacionados

Back to top button