DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O CD Barco repartirá 3.000 entradas entre os nenos do oriente ourensán para o partido co Porriño

Este encontro de fútbol terá lugar o vindeiro 28 de abril ás 18h. en Calabagueiros

Mantendo a liña de anos anteriores, dende o CD Barco vaise convidar aos rapaces das comarcas de Valdeorras, Terras de Trives, Viana do Bolo e Quiroga a un partido que este equipo xogará o vindeiro 28 de abril ás 18h. contra o Porriño en Calabagueiros.

Con esta iniciativa, que ten como lema “O noso futuro é o teu presente”, búscase crear afección, en especial entre os máis novos da zona. Así o sinalaba o presidente do CD Barco, Nilo Ramos, na rolda de prensa celebrada na tarde do 11 de abril na clínica dental Méndez Odolontología, un dos principais patrocinadores do CD Barco. “No caso dos colexios máis cercanos intentaremos que sexan os propios xogadores os que lle repartan as invitacións aos nenos”, adianta o presidente do club.

Este club deportivo ten previsto distribuír de forma gratuíta unhas 3.000 entradas entre os escolares e os clientes dos comercios e establecementos de hostalaría asociados ao Barco Centro Comercial Aberto (CCA). Nesta iniciativa o club conta co apoio desta entidade empresarial e do Concello do Barco.

Fotos: Beltrán Alonso.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close