En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O CD Barco salva un punto tralo empate a uns en casa ante o Arzúa

Os de Iván González mantéñese a duras penas fóra dos postos de descenso, con 36 puntos

 

Moi intensa foi esta fin de semana (8 e 9 de maio) no Estadio Municipal de Calabagueiros (segue sen poder xogarse no Campiño de Viloira), cos catro equipos en competición do Centro de Deportes Barco, xogando na casa.

Os primeiros, na tarde do sábado, eran os xuvenís que ratificaban o seu liderato na liga vencendo 5-0 ao Pabellón Ourense “C”; e de seguido eran os cadetes os que saían ao terreo de xogo para disputar o seu encontro cos veciños do CD Rúa, caendo por 1 gol a 3.

 

 

E na xornada deste domingo día 9 de maio disputábanse outros dous partidos no campo barquense. Pola mañá era o equipo infantil o que medía forzas co Calasancio, vencendo 2-1 e consolidándose como líder do seu grupo. E xa pola tarde tocáballe o turno ao equipo sénior que sumaba un novo empate na loita pola permanencia en Terceira División.

Pasadas as 17:15 horas saltaban ao terreo de xogo os rapaces de Iván González, conscientes da delicada situación na que se atopan (moi cerca da zona de descenso), pero os do Arzúa non estaban dispostos a poñerlle as cousas fáciles, sendo eles os que se adiantaban no marcador no minuto 38. Pouco despois, xa no engadido da primeira parte (46′), Vera poñía o 1-1, un resultado que xa non se movería.

 

 

Na bancada, coma sempre un bo número de afeccionados, mantendo as medidas de seguridade sanitaria, entre os que estaba Javier Rey, ex técnico do C.D. Barco e míster do Arzúa ata hai unhas semanas, que non quixo perder o duelo no que foi o seu campo durante varias tempadas, antes da chegada ao Barco de Manolo Pérez.

Con este empate, os conxunto barquense suma 36 puntos, manténdose a duras penas na zona de permanencia a falta de seis grandes finais. A seguinte xornada (a primeira da segunda volta), volverá ser en casa, contra o Paiosaco. No partido de ida empatarán a ceros en Laracha.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button