Deportes

O CD Barco, suma e segue rumbo á zona alta

Tras un comezo de tempada máis ben frouxo o equipo está indo a máis
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

O equipo sénior do Centro de Deportes Barco é o último do oriente ourensán en completar a primeira volta da liga en Preferente. Farao xa no 2014, na xornada 19ª que enfrontará ao equipo adestrado por Javi Rey co C.D. Lalín.

Iso será o domingo día 5 de xaneiro no campo lucense, pero logo do punto sumado no seu enfrontamento co filial do Pontevedra CF, o Centro de Deportes Barco pechaba o ano 2013 no cuarto posto da clasificación. Unha boa posición que conseguían grazas a facer os deberes.

Unhas veces con mellor xogo que outras, hai que recoñecer que os barquenses foron de menos a máis e tras un comezo de tempada máis ben frouxo en canto a resultados, comezaba a puntuar, e punto a punto ían ascendendo posicións ata situarse na zona alta da clasificación.

Comezaba o mes gañando 0-1 ao Celtiga, e unha semana máis tarde vencía de novo, desa volta en casa ante o Ribadumia por 2 goles a 1. Nos dous últimos partidos do ano tamén sumou dous puntos, tralo empate a uns en Portonovo e a ceros no Barco ante Pontevedra B.

Texto: Mónica G. Bellver Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button