CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco suma e segue tras conquistar o Baltasar Pujales (Bouzas-Vigo)

Os goles de Andrés e Vera daban a vitoria aos de Manolo Pérez na 6ª xornada de liga en terceira división

 

Novo partido e nova vitoria. Por segunda xornada consecutiva o CD Barco suma os tres puntos en xogo, logrando coarse entre os cinco primeiros clasificados do grupo B en terceira división.

Despois de vencer 2-0 ao Pontellas en Calabagueiros, na tarde deste domingo 22 de novembro os rapaces de Manolo Pérez viaxaban ata Vigo para enfrontarse ao Club Rápido de Bouzas no partido correspondente á 6ª xornada de liga e, aínda que os goles se facían esperar, o resultado era favorable para os visitantes que vencían 1-2.

Tras unha primeira parte sen tantos, eran os vigueses os que abrían o marcador no minuto 58. Dispostos a levar os puntos para casa, os barquenses reaccionaban e no minuto 70 Andrés poñía o empate no campo de Baltasar Pujales. O gol da vitoria visitante chegaba xa preto do final, no 89′ da man de Vera.

Con este resultado o CD Barco ascende ata o 5º posto empatado a 10 puntos co Choco, o Arenteiro e o Alondras. A seguinte cita será de novo en casa, no Estadio Municipal de Calabagueiros, ante o CD Ribadumia (no 9º posto tralo empate en casa coa UD Ourense).

 

Artigos relacionados

Back to top button