CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco súmase á petición de axuda para refuxiados ucraínos

No partido deste domingo ante o Xuvenil Ponteareas sortearanse 4 entradas para o palco do Santiago Bernabeu ou do Wanda Metropolitano; e recolleranse enseres para un neno de 2 anos

Entradas para o CD Barco-Xuvenil Ponteareas.

 

O partido que o CD Barco xogará este domingo 27 de marzo en Calabagueiros, será máis solidario que nunca e contará con importantes novidades.

A primeira é o reparto de entradas (un neno e un adulto) que o club puxo en marcha en colaboración co CCA O Barco, para que nenos de Valdeorras, Viana, Trives, Quiroga e mesmo Puente de Domingo Flórez, poidan asistir ao partido de Terceira División entre o CD Barco e o Xuvenil Ponteareas, no marco da campaña a prol da base “O noso futuro é a túa ilusión”.

Outra das novidades desa xornada será o sorteo da man de Mahou Sin de catro entradas para o palco do Santiago Bernabeu ou do Wanda Metropolitano. As rifas poranse á venda o día do partido que comezará ás 17 horas.

E a terceira será a recollida de material para unha familia de refuxiados ucraínos. En concreto, a petición é para un pequeno de 2 anos (un carriño, roupa, pañais,…). A recollida será no propio campo de fútbol de Calabagueiros ou tamén chamando ao número de teléfono que aparece no cartel.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button