En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O CD Barco viste coas súas cores as rúas da vila

A iniciativa do club de cara ao play off de ascenso está a ter unha gran acollida, xa que as bandeiras que puxeron á venda fai poucos días xa están agotadas

 

O play off de ascenso a Segunda División B está a volta da esquina e o CD Barco está a vestir coas súas cores as rúas da vila. Así, fai poucos días o club puxo á venda 200 bandeiras e segundo apunta o seu presidente, Nilo Ramos, “xa están agotadas, pero xa fixemos outro pedido que chegará a finais desta semana”.

 

A Horta de Fina e Mar, un dos establecementos onde se pode mercar a bandeira.

 

O prezo por bandeira é de 10 euros, pero dende o club tamén fixeron un kit, que inclúe unha bufanda conmemorativa de distintos momentos clave do equipo, cun prezo de 15 euros. Os puntos de venda onde se poden adquirir son Peluquería Nilo, Librería Dados, Churrería La General, Bar Luchy, Bar La Plazita, Bar Makoki, Frutería A Horta de Fina e Mar, e Gasolineira Vegamolinos. Se aínda non a tes, estás a tempo de sumarte á marea vermella.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button