En portadaÚltima hora

O CD Barco xógase en Arzúa o futuro en Terceira División

O último partido da tempada para os de Iván González será esta tarde ás 18 horas no campo do Viso

Os xogadores do CD Barco celebrando un gol en Calabagueiros./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dependen de si mesmos pero teñen que ganar. O CD Barco ten hoxe en Arzúa un dos partidos máis importante dos  últimos anos, xa que se xogará o seu futuro na Terceira División ante un equipo que xa conseguía a salvación na anterior xornada.

Así, os de Iván González viaxarán ata terras coruñesas para disputar o último encontro da fase de permanencia con todos os sentidos postos no xogo. Se ganan, lograrán o obxectivo do ano e permanecerán unha tempada máis en Terceira División, onde levan xa seis. No caso de que perdan dependerán do resultado da UD Ourense (que xoga nas Pontes), o único que lle pode arrebatar a 4ª praza da salvación, en caso de ganar hoxe. No  caso de empatar, se os ourensáns non ganan, a praza  será tamén para o equipo barquense.

Para facer fronte á escuadra coruñesa, o míster convocou a boa parte do plantel. O partido será ás 18 horas no campo de O Viso, en Arzúa e estará dirixido polo colexiado Rubén Extremadura Hernández.

 

Convocados para o partido desta tarde.

Artigos relacionados

Back to top button