DeportesFútbolÚltima hora

O CD Córgomo Vilamartín presentarase oficialmente nas festas de Santa Marta, a finais de xullo

Santi Real, directivo; Jorge Guitián, directivo; Alberto Conde, directivo; Raul Rois, delegado da FGF; Óscar, da Federación Galega de Fútbol; e Manuel, concelleiro de Deportes de Vilamartín.

 

Dende que a comezos de ano anunciaban o novo proxecto deportivo posto en marcha por un grupo de mozos, “un proxecto ilusionante que aúna xuventude e seriedade, promocionando o deporte a través da ciencia”, a directiva do CD Córgomo Vilamartín non parou de traballar.

Presentándose ao Concello e aos veciños, buscando e dando a coñecer a través das redes os espónsores e colaboradores,… incluso daban os primeiros pasos deportivos coa participación en categoría cadete e xuvenil na ‘Valdeorras Perullo Cup’. E xa no mes de xullo, pouco antes de comezar a pretempada, presentaranse oficialmente.

E será no mellor entorno posible, en Córgomo, e nun marco incomparable, as festas de Santa Marta a finais de mes. Tal como avanzan dende a directiva, teñen previsto tres actividades: a presentación do equipo coas camisetas oficiais; a colocación dun posto na festa con camisetas, bufandas e carnés de socio; e un partido contra os casados de Córgomo. “Aínda que sexa un amigable será o primeiro partido do equipo e que mellor que contra xente do pobo que leva xogando ao fútbol toda a vida”, din dende o novo club deportivo.

 

Reunión de traballo no campo de fútbol de Vilamartín, no Bañadoiro.

 

Máis información na vindeira edición de O Sil Deportivo (edición en papel).

 

Artigos relacionados

Back to top button