DeportesGalerías de fotos

O CD Maceda gaña o trofeo “Memorial Cariche” de Trives

O encontro foi o primeiro da pretempada para o C.D. Trives que comezará a liga o 6 de setembro contra Sta. Teresita

A penaltis. Así se decidía o Memorial Cariche organizado polo C.D. Trives, que na tarde do 15 de agosto enfrontaba ao conxunto trivés co C.D. Maceda no campo de fútbol do Agro. Un partido que finalmente gañaba o conxunto macedán que na tanda de penaltis facíase co premio desta V edición do trofeo.

Con este encontro, o C.D. Trives tomaba contacto coa competición esta tempada, unha campaña que continuará con algún amigable máis (contra o C.D. Rúa no Aguillón e contra o Quiroga CF en Trives, este último en plenas festas de San bartolomé).

E xa en plena competición oficial, a última fin de semana de agosto xogarán o primeiro partido da Copa Deputación contra o Caldelao, comezando a liga o 6 de setembro no campo do Santa Teresita. As dúas seguintes xornadas, en plenas festas do Cristo e da Dolorosa, o C.D. Trives xogará en casa diante da afección, tal como adiantan dende a directiva.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button