CD RúaFútbolGalerías de fotosÚltima hora

O CD Rúa abre a tempada cun contundente 3-0 ante o Parada do Sil CF

Este primeiro partido de liga en segunda Galicia disputábase no campo Vicente Solarat

 

Máis dun ano e medio despois do último partido oficial, a competición regresaba ao campo de fútbol Vicente Solarat. Facíao na tarde deste sábado 23 de outubro co primeiro partido da liga para o equipo sénior do CD Rúa que compite no grupo 3 da Segunda Galicia Ourense, e o resultado non podía ser máis positivo para o conxunto amarelo.

 

Once titular do CD Rúa.

 

Cun contundete 3-0 vencían os de Ferrer ao equipo de Parada de Sil que apenas tivo ocasións. O primeiro gol chegaba nada máis comezar o partido, no minuto 2 tras un lanzamento de Armando e apenas dous minutos despois, no 4′ Óscar Lado poñía o 2-0. A cousa non quedaba aí e sen apenas opcións para os visitantes, Samuel marcaba o terceiro para o Rúa no minuto 35.

 

Once titular do Parada do Sil CF.

 

Tralo paso polo vestiario o resultado xa non se movería sumando o conxunto rues os tres primeiros puntos da tempada que os sitúan no terceiro posto da clasificación por debaixo do Maceda (líder) e do Rocas.

A seguinte cita para os rapaces de Javier Ferrer será no campo do CD Espadana que xoga mañá o seu primeiro partido da tempada no campo do Bubal.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button