CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

O CD Rúa abre o prazo de inscrición para a vindeira tempada 2020/2021

A novidade deste ano é que se farán de forma online a través dunha ligazón facilitada polo club

O CD Rúa abre as inscricións para a tempada 2020/2021. O período para realizadas xa está aberto e poderá facerse ata o día 31 de xullo. Así, a novidade deste ano é que as inscricións poderán facerse vía online a través desta ligazón.

 

 

O prezo para os prebenxamíns, benxamíns e alevíns será de 180 euros, para os infantíns e cadetes de 200 euros e para os xuvenís de 250 euros. No momento de realizar a inscrición deberanse abonar 50 euros, e por cada irmán inscrito farase un desconto de 20 euros.

Ademais, aos xogadores da pasada tempada devolveránselle 60 euros en tres modalidades a elixir: na cota desta tempada, no campus de verán (se se pode celebrar) ou con diñeiro en efectivo.

O club pon a disposición os contactos de Lus María Ferrer (655 66 31 69), o de Javi Ferrer (676 67 16 35) ou o do club (mareamarilla@hotmail.com) para calquera dúbida.

Artigos relacionados

Back to top button