CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

O CD Rúa anima á afección a asistir de amarelo ao campo co sorteo de varios agasallos

O domingo ás 18 horas disputarase no Vicente Solarat a final da fase de ascenso entre o Rúa e o PB Ourense

Os xogadores do CD Rúa no partido do pasado domingo./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Este domingo 29 de maio o campo de fútbol Vicente Solarat Maceda acollerá unha importantísima cita.  Ás 18 horas comezará o último partido da fase de ascenso a Primera Galicia no que o equipo sénior do Club Deportivo Rúa enfrontarase ao PB Pabellón CF. Será un partido único con prórroga e penaltis

 

 

Tralo encontro do pasado domingo ante o Taboadela que se decantaba a favor dos rueses na tanda de penalis, os rapaces do CD Rúa precisan máis que nunca do apoio da afección, ante un partido complicado e decisivo. Por iso, igual que fixeran a semana pasada, animan a asistir ao partido de amarelo en sinal de apoio entrando así no sorteo de varios agasallos: tres tarxetas agasallo para Fisioval e un estsuche de viños de Viña Somoza.

 

 

 

E mañá sábado 28 de maio, un día antes dese gran partido para os maiores, os infantís do CD Rúa xogarán a partido único a semifinal da XLI Copa Deputación ante o Athletic Valenzá.

Artigos relacionados

Back to top button