DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O CD Rúa cae ante o Leiro, nun partido con homenaxe ao equipo infantil como campión da Copa Deputación

Este encontro da fase de ascenso, xogado no campo do Aguillón, finalizaba cun marcador de 2 goles a 3

Cunha derrota no Aguillón remataba o encontro de fútbol entre o C.D. Rúa e o Leiro C.F. na tarde do 5 de maio. Neste partido de semifinais (de ida) para o ascenso, o equipo local encaixaba tres goles do Leiro, fronte a tan só dous tantos rueses.

Os visitantes adiantábanse no marcador xa no minuto 19 cun gol de Diego Suárez, unha vantaxe que redondeaba sete minutos despois o seu compañeiro Julio Alén cun novo tanto. Co Leiro C.F. dominando o marcador, os rueses reaccionaban no minuto 44 cun primeiro gol, da man de Blas Méndez, pero os seus rivais non querían perder o control do partido e no minuto 49 marcaban o terceiro gol, desta volta co selo de Rubén Rodríguez.

Ante esta situación, o C.D. Rúa non se rendía e loitaba por novas ocasións para traspasar a portería contraria que non se materializaban ata o minuto 57 cun tanto de Diego Martínez. Sen embargo, non foi suficiente, e a vitoria acabou nas mans do C.D. Leiro cun marcador de 2 goles a 3.

Este partido tivo ademais como limiar unha homenaxe moi especial que o club lle rendía ao seu equipo infantil, que vén de proclamarse campión da Copa Deputación de fútbol.

Fotos: Carlos G. Hervella

 

Artigos relacionados

Back to top button