CD RúaDeportesFútbolÚltima hora

O CD Rúa golea ao Vilar de Barrio e sitúase como líder

Co 4-0 (2 goles de Samuel e 2 de Óscar Lado) remataba o partido aprazado na xornada 13

 

Aproveitado o parón de Semana Santa en Segunda autonómica, na tarde deste 17 de abril, Domingo de Pascua, disputábase no campo de fútbol Vicente Solarat Maceda o encontro entre CD Rúa e CD Vilar de Barrio aprazado na xornada 30 (a última da primeira volta). Un partido que os  rueses dominaron de principio fin.

O encontro, dirixido por Tabare A. Mazac, poñíase moi pronto de cara para os locais co gol de Samuel no minuto 12. O xogo continuaba e no 31′ Óscar Lado poñía o 2-0 no marcador. Con esta vantaxe chegaba o descanso e tralo paso polo vestiario, no 48′ Samuel volvía anotar, aumentando a distancia co Vilar. Unha distancia insalvable xa co cuarto gol local, obra de Óscar Lado no minuto 85.

Cos dobretes de Samuel e Óscar Lado, o Rúa suma a vitoria número 18 e sitúase líder da clasificación con 57 puntos. O seguinte partido para os de Javier Ferrer será de novo en casa contra o Rocas.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver

 

Artigos relacionados

Back to top button