CD TrivesDeportesFútbolÚltima hora

O CD Trives aclara que está á espera dos protocolos da Federación para decidir se sigue xogando

O equipo vén de publicar un comunicado a través das súas redes sociais

O CD Trives vén de aclarar a través das súas redes sociais que está á espera dos protocolos da Federación Galega de Fútbol (RFGF) para decidir se xogará a vindeira tempada.

O adestrador do equipo, David Pérez, explicaba que “é necesario que a Federación se pronuncie e nos diga que non vai haber ningún risco de contaxios, xa que somos un equipo no que a xente ten outros traballos aparte do fútbol”.

Neste senso, considera que “somos o equipo máis prudente da provincia, xa que queremos tomar precaucións”. Ademais, recalca que “nós queremos xogar pero con protección”.

 

Unha xogada durante a pasada tempada./ Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button