CD TrivesDeportesFútbolGalerías de fotosÚltima hora

O CD Trives golea ao CD Vilardevós no campo do Agro

Co 6-0 remataba o partido disputado na tarde deste domingo 23 de xaneiro en Trives

 

Cun contundente 6-0 se resolvía o partido disputado na tarde deste domingo 23 de xaneiro no campo do Agro entre o CD Trives e o CD Vilardevós.

O conxunto trivés que dirixe David Pérez, chegaba á xornada 12 na Segunda Galicia trala derrota (3-2) no campo da EDC Xinzo, e o partido poñíaselle moi pronto de cara, co primeiro gol de Brando no minuto 15. Apenas tres minutos despois Álex Rubio poñía o 2-0 no marcador. O acerto trivés de cara á portería rival continuaba e antes do descanso Brando volvía marcar sumando o terceiro gol da tarde (24′) e Calino poñía o 4-0.

 

 

O conxunto local non parecía conformarse con ese resultado e tras pasar polo vestiario, anotaban outros dous goles: Pablo no minuto 80 e Adán no 85, chegando ao final do tempo reglamentario co 6-0. Con esta, o CD Trives suma a quinta vitoria da tempada, escalando ata o sexto posto da clasificación con 17 puntos.

A seguinte cita será a vindeira fin de semana no campo do Paderne (décimo clasificado).

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button