DeportesÚltima hora

O C.D. Trives reencóntrase coa vitoria no campo do Agro

3-1 vencía o conxunto trivés ao Atl. Pontedeva na xornada 23 de segunda autonómica
Os xogadores do C.D. Trives e Atl. Pontedeva saíndo ao campo.
Os xogadores do C.D. Trives e Atl. Pontedeva saíndo ao campo.

Despois de dez xornadas sen gañar e cos ánimos un pouco baixos, o C.D. Trives daba unha alegría á afección conseguindo unha importante vitoria no campo do Agro.

Plantel do Atl. Pontedeva.
Plantel do Atl. Pontedeva.

Cun minuto de silencio (polo falecemento dun familiar dun dos xogadores) arrancaba o partido correspondente á xornada 23 en segunda autonómica. Dun lado do campo un C.D. Trives necesitado dos puntos en xogo para afastarse dos postos de descenso. Do outro, o Atl. Pontedeva que navega pola metade da clasificación.

Saúdo entre os capitáns de ámbolos dous equipos.
Saúdo entre os capitáns de ámbolos dous equipos.
Minuto de silencio antes de comezar o partido.
Minuto de silencio antes de comezar o partido.

5_DSC5684

7_DSC5823

8_DSC5847

9_DSC5871

10_DSC5912

11_DSC5938

6_DSC5707

O primeiro tanto chegaría da man do conxunto local, que pouco despois marcaba o segundo gol. Lonxe de rendirse os visitantes acurtaban distancias chegando ao descanso co 2-1 no marcador. Con todo, a sorte estaba desta volta do lado dos triveses que grazas ao terceiro gol de Moldes lograban sentenciar o encontro.

Co 3-1 final, o C.D. Trives sube na clásificación, situándose no posto 14 a dous da zona de perigo.

Os afeccionados asistiron ao encontro no campo do Agro.
Os afeccionados asistiron ao encontro no campo do Agro.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button